domingo, 19 de abril de 2020

17.- ( Zona 1E) REGO DAS CHARCAS ( 1 ) XENERALIDADES

REGO DAS CHARCAS
XENERALIDADES


Esta Zona 1E que nos ocupa está situada no angulo inferior dereito neste mapa no que xuntamos todas as seccións deste traballo polas que pasa o Cordal Montañoso dos grandes picos do Norte da Serra do Xistral.   Con esta imaxe entenderedes varias cousas,  que ó  noxo xuizo son importantes e básicas para ter en conta neste o noso traballo:  

1 )  A distancia entre o monte Terreiro con o Cordal Montañoso asi como sua situación estratéxica que pode supór o paso controlado dende as terras intermedias  ate as altas.

2)  O papel que xoga a cume do Velina Lamoso no conxunto do cordal septentrional da Serra do Xistral que nos ocupa. 
3) Os Rios, parte fundamental da vertebración das abas do Cordal superior, asi como a forma que suas terras limítrofes  adquiren o seu paso. ( Couces, Chaos, Cubelas, etc.)
4) As Furnas, Cavernas, etc. que si ben están ocultas pola natureza, cegadas ou eliminadas adrede, formaron parte importantisima na ocupación inicial destas Altas Cumes .
5) As Veigas, Chairas, Cubelas, etc. que como oasis nestes lugares remotos e inóspitos, facilitaran a vida na sua ocupación mais antiga.
6) Os camiños, veredas e  lugares de paso ben para franquear Rios, ( casi todo o terreo é lameiro e berces fluviais ) , ou acceder rápidamente a lugares concretos dos Altos. 
7) As lagoas. Pezas imprescindibles. 
8) Recodos fluviais para facilitar os curros.
9) Os complexos pétreos
10) Os lugares abeirados pola natureza.

Añadir leyenda
Añadir leyenda
Añadir leyenda
Añadir leyenda
Añadir leyenda

1E.- Rego das Charcas

O Rego das Charcas divide esta Zona 1E polo seu centro e formando duas zonas moi definidas: a norte, de suaves abas cara a depresión do Rio das Charcas, e claras e enlamosadas chairas que actuan como pórtico da Porta de Entrada das Cancelas ( recordade a Estación Eólica) e a sul, dominada pola grande fortaleza do monte Terreiro.

B) XENERALIDADES

B.1.1 TERRA

B.1.2- Orografía .- Cara leste do Velina, pola sua aba central, rachando esta uniformidade de baixada o promontorio de 751 m do Monte Torreiro.
B.1.3 Outeiros. - Dos 850 m os 660 m de aba predominando os 751 do Monte Torreiro
B.1.4..- Chairas.- A suave Aba do Velina na parte sul desta Zona contrasta con a forte aba no norde, franqueada por a pista serpenteante pechada, en cuio final bate con pequenas plataformas de acceso cara unha subida abrupta ate bater coa Pista dos Altos.

B.2.1 VEXETACIÓN

B.2.2 Tipo monte
Monte Baixo e prado
B.2.3. Especies crecemento .-   Non

B.3.1.- .1.1 AUGAS
B.3.2 .- Cauces e Concas. .Rego das Charcas e o seu afluinte
B.3.3 .-Depresións Depresións formadas polo Rego das Charcas e o seu afluinte.
B.3.4 .- Rutasoeste-leste
B.3.5.- Berces.- .- Non
B.3.6.- Fontes.-  Non nos constan oficialmente.

C) HÁBITAT

C.1.1.- Cercados, Marcos, etc. Catro estructuras redondas.
C.1.2.- Camiños principais .- 

D) TOPONIMIA.- 

E) Xacigos

- 4 peches redondo (B), complexos pétreos (D)

Estructura alargada pechada 1E/B/2
Estructura circular 1E/B/3
Estructura ovalada grande 1E/B/6.9
Estructura ovalada grande 1E/B/9
Conxunto do Monte Torreiro de 751 M.- 1E/D/4.5

b) As Seccións

Sección A
1.- Xeografía.- Pista asecendente en forma de serpe pechada nunha aba con tramos suaves e abruptos. Rio das Charcas ( no que afluie outro rego A/7)
2.- Patrimonio.- .- Non se tén detectado ningún tipo de estructura.

Sección B
1.- Xeografía.- suave aba que forma plataformas encadenadas.
2.- Patrimonio.- .- Catro peches redondos : Estructura alargada pechada 1E/B/2
Estructura circular 1E/B/3 Estructura ovalada grande 1E/B/6.9
Estructura ovalada grande 1E/B/9

Sección C
1.- Xeografía.- Pequenas plataformas achairadas na aba de baixada.
2.- Patrimonio.- non se aprecian estructuras. .

Sección D
1.- Xeografía.- Continua o curso do Rego das Charcas. Outeiro de 751 rodeada de fortes complexos pétreos, o rio das Charcas e outro Rego. Polo leste tén o seu final o camiño vello de acceso o Monte Terreiro.
2.- Patrimonio.- .- Monte Terreiro.- Ocupación temprana e modicadas as suas estructuras defensivas dependendo da Época. Obsérvanse restos de muros pola sua aba e partes superiores. Nas suas bases, moi protexidas por elementos naturais ( Rio das Charcas no norte, Afluente do mesmo polo sul, forte depresión polo leste ( onde morrer o camiño) e aberto nunha grande chaira polo Oeste ).
No seu centro ou croa observanse restos habitacionais. Hai menos de 50 anos a habitación central estaba cuberta e pechada; os restos están espallados pola sua contorna.
Grande pedrafita no medio da sua aba norte.
Aliñamento de tres grandes penas redondas na sua base oeste ( no final da extensa chaira de acceso). Xa indo cara a pista e nun pequeño recodo e lindando coa pista fica unha pedrafita.
Queremos deixar mencion especial o Señor Indalecio do Albardo, que foi quen nos mostrara este Monte , e o noso desexo de traballar para que este sexa recoñecido e posto en valor, tal é a vontade de Indalecio.
Iremos desmenuzando no posible este Monte con os respectivos anexos nas fotos a mostrarvos.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

36.- CONTRACAPA.

                                                EPÌLOGO Finalizando este 6 blog, rematamos con iste proxecto de recuperaciòn patrimo...