jueves, 23 de abril de 2020

30.- ( Zona 1F ) PORTO DO RIO ( 1 ) . XENERALIDADES

                      O PORTO DO RIO   

                              Xeneralidades


                                 
                                      1F.- PORTO DO RIO ( 1 )

B) XENERALIDADES
Unha segunda plataforma ( recordemos que a primeira é a do Monte Terreiro ) corta a uniformidade de baixada da aba do Alto da Pena da Cadela, conformando en conxunción co Monte Terreiro a Veiga de Murás; un pequeño espazo de interconexión entre o Camiño do Porto do Río e o Terreiro. Alén deste camiño si seguimos unha pista aberta para os Eólicos batiremos cunhas plataformas feitas adrede en epocas recentes , ou non. Mais abaixo , o rio corta definitivamente esta Zona polo sul formando unhas pequenas fervenzas o carón dun Asentamento do Paleolítico e posteriores.

B.1.1 TERRA

B.1.2- Orografía.- Suaves descensos cara o Lugar do Porto do Rio
B.1.3 Outeiros. - Dispersos Outeiros ( 752 a beira do camiño) , 738 ( eólico) e pequenas elevacións.
B.1.4..- Chairas.- Grandes áreas achairadas .

B.2.1 VEXETACIÓN

B.2.2 Tipo monte
Monte baixo e prado.
B.2.3. Especies crecemento .- Non.

B.3.1.- .1.1 AUGAS
B.3.2 .- Cauces e Concas..-  Parte superior baixa o Rio do Porto , e na inferior baixa un pequeño rego co mesmo nome.
B.3.3 .-Depresións – Os dous cauces forman depresións non moi fortes, baixando medio encaixonado o Rio ( A e B ) e suave con medio fervenzas ( C e D )
B.3.4 .- Rutas- Oeste-Leste
B.3.5.- Berces.- .- Non.
B.3.6.- Fontes.-  Non constan oficialmente.

C) HÁBITAT

C.1.1.- Cercados, Marcos, etc. Na parte inferior, surden uns peches adoptando formas xeométricas e curvas. A vox populi apunta que houbera un acordo entre o dono do lugar e a Empresa Eólica para construir unha plataforma-pista que se achegara o Lugar de Porto do Rio. A nós parecenos moito mais antigas e cunha finalidade distinta, pois eses peches adoptan formas lonxitudinais na parte superior do Rego do Porto, alonxados do “ deseño central” a 200 m.
C.1.2.- Camiños principais .-  Visto o anterior párrafo, parécenos obvio que houbera camiños vellos en varias direccións, dada a ocupación temprana deste lugar dende o Paleolítico.

D) TOPONIMIA.- Porto do Rio, Murás.

E) XACIGOS
.

b) As Seccións

Sección A
1.- Xeografía.- Berce do camiño, saíndo da Pista de Acceso ás Terras Altas. O Porto do Rio baixa encaixoado.
2.- Patrimonio.- .- Non se tén detectado nengún tipo de estructura.
Sección B
1.- Xeografía.- O Camiño bate con o outeiro 752, que o arrodea e inicia unha baixada, para nós interrumida por un cerco de arame, cara o Lugar do Porto do Rio.
2.- Patrimonio.- A esquerda do camiño, A Veiga de Murás sinálanos posibles emplazamentos de barreiras de protección do Monte Terreiro. A dereita do camiño, no outeiro 752 , parece que existen diversas estructuras do Paleolitico ( Refuxios). Este outeiro o temos todavia sen explorar.

Sección C
1.- Xeografía.- Suave baixada rachada pola depresión fonda do Rio do Porto.
2.- Patrimonio.- O carón da pista de acceso os 3 muiños obsérvase un túmulo lonxitudinal que vai avanzando parello a pista , e que sigue cara o Rego. A sua antiguedade deixámola ós expertos.

Sección D
1.- Xeografía.- En chegados o cerco de arame da Pista, existe un outeiro 709 bastante doado de subir. Na esquerda da pista , a baixada tórnase en suaves plataformas cara o Rego do Porto do Rio. Polo sul do longo promontorio onde están ubicados os Muiños ,a baixada cara o Rego tórnase uniforme agás un pequeño cordal elevado. No fondo, o rego convértese nunha pequena fervenza.
2.- Patrimonio .- Na pista cara o Lugar do Porto do Rio , no outeiriño de 709 a dereita, obsérvanse restos ocupacionais tempranos, igual que na marxe esquerda deste camiño. No outeiro con os Muiños hai abundante material lítico vello diseminado. Baixando cara o Rego hai unhas marcas dun deseño, que unido a unhas plataformas lonxitudinais o longo dunha serie de camiños vellos ; dános por rexeitar a ideia inicial de que foran contemporáneos da ubicación dos Eólicos, dando sospeita que foran feitos moi anteriormente, sen que precisemos a data concreta.
Por fin, o caron do rego, despois da fervenza atopamos cun Refuxio do Paleolitico con varios promontorios artificiais na sua marxe, xunto con marcas no chan que dan fé da sua ocupación temprana. Despois do Rego , subimos para atopar un peche circular.



Unha das constsntes deste traballo è a insistencia en que vos ubiquedes nos lugares a relatar, buscando a vosa posterior identificacion con eles;  aportando os medios necesarios.
Para achegarvos o Porto do Rio polo "facil"  sò teredes que situarvos na Capela da Santa Filomena, no Cadramòn e dubir pola pista de enfrente de 5 km, apartandovos a dereita no cruce que atoparedes despois da Estaciòn Eolica unha vez pasados 3 km.
Atoparedes unha pista a dereita para ir os Asentamentos.
Seguindo, atoparedes pista de baixada cara o Lugar do Porto do Rio ( mellor sen coches!,)
Seguindo, atoparedes estas penas das k imos falar.
...para a 200 m, co Terreiro a nosa dereita, atoparedes un espacioso lugar para aparcar, e poder descubrilo.

                             RISTRA DE PENEDOS 

Posiblemente so sexan uns simples afloraciòns dun pequeno cordal...mais chamàranos a atenciòn polo lugar das suas unicacions.

Unha zona achairada e ben comunicada

...con restos...



Añadir leyenda

Añadir leyenda

Añadir leyenda







29.- ( Zona 3E ) AS VEIGAS ( 3 ) A RUTA POLAS VEIGAS ( 3 ) O CAMPO DE VILARIÑO

O CAMPO DE VILARIÑO

Añadir leyenda



Añadir leyenda


Añadir leyenda

28.- ( Zona 3E ) AS VEIGAS ( 3 ) A RUTA POLAS VEIGAS (2) TORRE

A RUTA POLAS VEIGAS. TORRE

 ( Continuación )

Añadir leyenda


Añadir leyenda



miércoles, 22 de abril de 2020

27.- ( Zona 3E ) AS VEIGAS ( 2 ) A RUTA POLAS VEIGAS

                   A RUTA POLAS VEIGAS


Añadir leyenda

Añadir leyenda

Añadir leyenda

Añadir leyenda

Añadir leyenda

Añadir leyenda

Añadir leyenda

Añadir leyenda



26.- ( Zona 3E ) AS VEIGAS (1 ) XENERALIDADES

AS VEIGAS

Xeneralidades
As Veigas 


                                          3E- AS VEIGAS

B) XENERALIDADES
Zona fértil, de prado de boa herba. Un oasis en plenas terras altas cruzado de sul a leste polo Rego das Veigas. A resaltar o Couce da Veiga. Berce do Rio Veiga.

B.1.1 TERRA

B.1.2- Orografía.- Primeiro tramo forte, para despois dos 850 m facerse mais suaves, rachando esta uniformidade polo seu medio a depresión do Rio Veiga.
B.1.3 Outeiros. - 750 a 889 m
B.1.4..- Chairas.- Dos 750 m os 850 m fora das depresións fluviais atopámonos con varias chairas escalonadad de baixada.

B.2.1 VEXETACIÓN

B.2.2 Tipo monte
Tipico de alta montaña: erba alta.
B.2.3. Especies crecemento .- Non.

B.3.1.- .1.1 AUGAS
B.3.2 .- Cauces e Concas..- Cauce do Rio Veiga
B.3.3 .-Depresións -suave depresión do Rego da Veiga.
B.3.4 .- Rutas-  Sul-Oeste.
B.3.5.- Berces.- .- Non.
B.3.6.- Fontes.-  Non constan oficialmente.

C) HÁBITAT

C.1.1.- Cercados, Marcos, etc.
C.1.2.- Camiños principais .- 

D) TOPONIMIA.-  Veiga Mol de Vilariño, Veiga Mol da Torre, Penas Grandes, Rego da Veiga, Murás.
Camiños.-

E) XACIGOS
- Posiblemente poidan existir estructurs dentro desta fertil área.

b) As Seccións

Sección A
1.- Xeografía.- Espazo entre o final de pista eólica e as depresións do Rio da Veiga.
2.- Patrimonio.- .- Non se tén investigado.

Sección B
1.- Xeografía.- Veiga Mol de Vilariño , Murás. Posiblidade de reaproveitamento para habitat desta fértil zona.
2.- Patrimonio.- .- Ténse observado estructuras o carón dos camiños que continuamente atravesan estes fértiles paraxes.

Sección C
1.- Xeografía.- Veiga Mol da Torre. Chaira 817 m. Penas Grandes . Baixo a influencia da depresión do Rio afluente futuro do Rio Veiga .
2.- Patrimonio.- .- Non se tén investigado, mais apuntamos a posible estructura dunha torre.

Sección D
1.- Xeografía.- Berce do Rego da Veiga . Chaira de 889 m
2.- Patrimonio .- Non se tén investigado, mais apuntamos a posible estructura dunha torre.

Cercado diante dun muiño na cota indicada absixo, que acusa a presencia dunha estructura. ...unha Torre?
Polo de agora nunha zona sen estudar todavia, podemos anticipar a presencia dun reducto defensivo na plataforma da "Veiga Mol da Torre" (817 m).






25.- (Zona 2E) O CHAO DO RAIO ( 2 ) A RUTA DAS CUMES

                    A RUTA DAS CUMES


Pista feita con fines econòmicos cara o mantemento do Parque Eolico. Mais nòs, cara o inevitable dàmoslle tamèn un uso pràctico. E referencial, obviamente!




Iniciamos a andaina òs pès do Velina


Co Velins ò fondo, proseguimos...

A esquerda, o Coto da Cubela

Subimos cara un alto de nome descoñecido...


O baixamos e continuamos ate o alto da   Pena da Cadela, via Onsolar...




.... mais esa xa è outra historia. ...
Polo que xa vos animo a ir a buscar esa info necesaria psra ir ...no blog 8  , adicado o sendeirismo; desta serie de blogs encamiñados a describir a parte septentrional da Serra do Xistral; mais agardade un chisco, que todavia està afacèndose...!!



martes, 21 de abril de 2020

24.- ( Zona 2E ) O CHAO DO RAIO . XENERALIDADES

                    O CHAO DO RAIO

                         Xeneralidades


2E.- Chao do Raio


B) XENERALIDADES
Paso das Crestas ; Noutrora fermoso camiño polos altos, hoxendia reconvertido en pista para o Parque Eólico que morre os pés do Velina.
B.1.1 TERRA

B.1.2- Orografía  Montañosa. Crestas medio achairadas en ringleira  cunha pista que as comunica e que morre os pés do Velina.
B.1.3 Outeiros. Tendo como centro o pico de ( Torre, Murás ou Charcas) descoñecido nome, espándense de norde a sul sendas plataformas candas suas explanadas que facilita a ubicación da pista que comunica estes picos.Coroa de 950 cara o pico de 1009 m.
B.1.4..- Chairas.-A partires dos 950,

B.2.1 VEXETACIÓN

B.2.2 Tipo monte
Monte baixo copado por erba longa baixo un chan inestable.
B.2.3. Especies crecemento .-  Non.

B.3.1.- .1.1 AUGAS

B.3.2 .- Cauces e Concas..- Os dous regos das Charcas
B.3.3 .-Depresións Os dous nacentes regos forman candasua pequena e incipiente depresión.
B.3.4 .- Rutas-  Oeste-Leste.
B.3.5.- Berces.- .- Rego das Charcas ( 2E/D/4) e o seu afluente ( 2E/B/8)
B.3.6.- Fontes.-  Non se detallan oficialmente.

C) HÁBITAT

C.1.1.- Cercados, Marcos, etc. Non.
C.1.2.- Camiños principais .-  Sendeiro que cresteaba polos altos das cumes, hoxendia ocupado pola pista.

D) TOPONIMIA.- Chao do Raio, Rego das Charcas. Muras, Vilariño, Torre.

E) XACIGOS.- Non, agás as supostas estructuras dos grupos de pedras de mediano tamaño dispersas por lugares concretos.


b) As Seccións

Sección A
1.- Xeografía.- Chao de Raio. Abas e Pista eólica de acceso (4 muiños ) Coroa de 950 m
2.- Patrimonio.- .- Non se tén detectado ningún tipo de estructura agás grande cantidade de pedras de cuarzo en zonas concretas.

Sección B
1.- Xeografía.- Suave baixada ate os 850m, batendo con o final da pista serpenteante dos muiños eólicos. Esta baixada escalonada forma pequenas plataformas. Equidistante con o 4 muiño desta Zona , tén o seu berce o futuro afluente do Rego das Charcas.
2.- Patrimonio.- .- Non se tén detectado ningún tipo de estructura. agás grande cantidade de pedras de cuarzo en zonas concretas.

Sección C
1.- Xeografía.- Pista eólica de acceso (4 muiños ) . Cume de 1009 m. Coroa de 950 m
2.- Patrimonio.- .- Non se tén detectado ningún tipo de estructura. agás grande cantidade de pedras de cuarzo en zonas concretas.

Sección D
1.- Xeografía.- Berce de 2 regos das Charcas en depresión e baixando ambolosdous en forquilla. O Berce do Rego das Charcas situase equidistante con o 7 muiño desta Zona.
2.- Patrimonio.- .- Non se tén detectado ningún tipo de estructura. agás grande cantidade de pedras de cuarzo en zonas concretas.


36.- CONTRACAPA.

                                                EPÌLOGO Finalizando este 6 blog, rematamos con iste proxecto de recuperaciòn patrimo...