jueves, 23 de abril de 2020

30.- ( Zona 1F ) PORTO DO RIO ( 1 ) . XENERALIDADES

                      O PORTO DO RIO   

                              Xeneralidades


                                 
                                      1F.- PORTO DO RIO ( 1 )

B) XENERALIDADES
Unha segunda plataforma ( recordemos que a primeira é a do Monte Terreiro ) corta a uniformidade de baixada da aba do Alto da Pena da Cadela, conformando en conxunción co Monte Terreiro a Veiga de Murás; un pequeño espazo de interconexión entre o Camiño do Porto do Río e o Terreiro. Alén deste camiño si seguimos unha pista aberta para os Eólicos batiremos cunhas plataformas feitas adrede en epocas recentes , ou non. Mais abaixo , o rio corta definitivamente esta Zona polo sul formando unhas pequenas fervenzas o carón dun Asentamento do Paleolítico e posteriores.

B.1.1 TERRA

B.1.2- Orografía.- Suaves descensos cara o Lugar do Porto do Rio
B.1.3 Outeiros. - Dispersos Outeiros ( 752 a beira do camiño) , 738 ( eólico) e pequenas elevacións.
B.1.4..- Chairas.- Grandes áreas achairadas .

B.2.1 VEXETACIÓN

B.2.2 Tipo monte
Monte baixo e prado.
B.2.3. Especies crecemento .- Non.

B.3.1.- .1.1 AUGAS
B.3.2 .- Cauces e Concas..Parte superior baixa o Rio do Porto , e na inferior baixa un pequeño rego co mesmo nome.
B.3.3 .-Depresións – Os dous cauces forman depresións non moi fortes, baixando medio encaixonado o Rio ( A e B ) e suave con medio fervenzas ( C e D )
B.3.4 .- RutasOeste-Leste
B.3.5.- Berces.- .- Non.
B.3.6.- Fontes.-  Non constan oficialmente.

C) HÁBITAT

C.1.1.- Cercados, Marcos, etc. Na parte inferior, surden uns peches adoptando formas xeométricas e curvas. A vox populi apunta que houbera un acordo entre o dono do lugar e a Empresa Eólica para construir unha plataforma-pista que se achegara o Lugar de Porto do Rio. A nós parecenos moito mais antigas e cunha finalidade distinta, pois eses peches adoptan formas lonxitudinais na parte superior do Rego do Porto, alonxados do “ deseño central” a 200 m.
C.1.2.- Camiños principais .-  Visto o anterior párrafo, parécenos obvio que houbera camiños vellos en varias direccións, dada a ocupación temprana deste lugar dende o Paleolítico.

D) TOPONIMIA.- Porto do Rio, Murás.

E) XACIGOS
.

b) As Seccións

Sección A
1.- Xeografía.- Berce do camiño, saíndo da Pista de Acceso ás Terras Altas. O Porto do Rio baixa encaixoado.
2.- Patrimonio.- .- Non se tén detectado nengún tipo de estructura.
Sección B
1.- Xeografía.- O Camiño bate con o outeiro 752, que o arrodea e inicia unha baixada, para nós interrumida por un cerco de arame, cara o Lugar do Porto do Rio.
2.- Patrimonio.- A esquerda do camiño, A Veiga de Murás sinálanos posibles emplazamentos de barreiras de protección do Monte Terreiro. A dereita do camiño, no outeiro 752 , parece que existen diversas estructuras do Paleolitico ( Refuxios). Este outeiro o temos todavia sen explorar.

Sección C
1.- Xeografía.- Suave baixada rachada pola depresión fonda do Rio do Porto.
2.- Patrimonio.- O carón da pista de acceso os 3 muiños obsérvase un túmulo lonxitudinal que vai avanzando parello a pista , e que sigue cara o Rego. A sua antiguedade deixámola ós expertos.

Sección D
1.- Xeografía.- En chegados o cerco de arame da Pista, existe un outeiro 709 bastante doado de subir. Na esquerda da pista , a baixada tórnase en suaves plataformas cara o Rego do Porto do Rio. Polo sul do longo promontorio onde están ubicados os Muiños ,a baixada cara o Rego tórnase uniforme agás un pequeño cordal elevado. No fondo, o rego convértese nunha pequena fervenza.
2.- Patrimonio .- Na pista cara o Lugar do Porto do Rio , no outeiriño de 709 a dereita, obsérvanse restos ocupacionais tempranos, igual que na marxe esquerda deste camiño. No outeiro con os Muiños hai abundante material lítico vello diseminado. Baixando cara o Rego hai unhas marcas dun deseño, que unido a unhas plataformas lonxitudinais o longo dunha serie de camiños vellos ; dános por rexeitar a ideia inicial de que foran contemporáneos da ubicación dos Eólicos, dando sospeita que foran feitos moi anteriormente, sen que precisemos a data concreta.
Por fin, o caron do rego, despois da fervenza atopamos cun Refuxio do Paleolitico con varios promontorios artificiais na sua marxe, xunto con marcas no chan que dan fé da sua ocupación temprana. Despois do Rego , subimos para atopar un peche circular.



Unha das constsntes deste traballo è a insistencia en que vos ubiquedes nos lugares a relatar, buscando a vosa posterior identificacion con eles;  aportando os medios necesarios.
Para achegarvos o Porto do Rio polo "facil"  sò teredes que situarvos na Capela da Santa Filomena, no Cadramòn e dubir pola pista de enfrente de 5 km, apartandovos a dereita no cruce que atoparedes despois da Estaciòn Eolica unha vez pasados 3 km.
Atoparedes unha pista a dereita para ir os Asentamentos.
Seguindo, atoparedes pista de baixada cara o Lugar do Porto do Rio ( mellor sen coches!,)
Seguindo, atoparedes estas penas das k imos falar.
...para a 200 m, co Terreiro a nosa dereita, atoparedes un espacioso lugar para aparcar, e poder descubrilo.

                             RISTRA DE PENEDOS 

Posiblemente so sexan uns simples afloraciòns dun pequeno cordal...mais chamàranos a atenciòn polo lugar das suas unicacions.

Unha zona achairada e ben comunicada

...con restos...



Añadir leyenda

Añadir leyenda

Añadir leyenda







No hay comentarios:

Publicar un comentario

36.- CONTRACAPA.

                                                EPÌLOGO Finalizando este 6 blog, rematamos con iste proxecto de recuperaciòn patrimo...